melloras_campo_futbol_concellodezas_1

O Concello de Zas realiza distintas obras de mellora nos campos de fútbol municipais

A instalación de redes detrás das portarías, a limpeza das canaletas ou o acondicionamento da zona de cantina foron algúns dos traballos realizados cos que se dan resposta ás peticións de xogadores e equipo directivo do CD Concello de Zas, do CD Baio e do Sporting Zas
 

 

Ainda que estamos nunha tempada futboleira totalmente atípica motivada pola sexta onda da Covid19, o Concello de Zas vén de rematar os distintos traballos de mellora realizados nos dous campos de fútbol municipais. A continuación detallamos as tarefas realizadas en ambas instalacións e das que se encargaron a brigada de obras do Concello de Zas.

  • Instalación de redes protectoras detrás das portarías
  • Limpeza e reparación das canaletas perimetrais do campo de xogo
  • Pintado da estructura e das paredes da cantina

A maiores, no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio colocouse céspede artificial dende o terreo de xogo ata os accesos aos vestiarios e instaláronse uns paneis cortaventos que protexen a zona da cantina. Mentras que no Campo de Fútbol Municipal San Andrés de Zas aproveitouse para pintar os muros e realizar a poda das árbores máis próximas ás instalacións. 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, achegouse ata as instalacións deportivas para comprobar as actuacións levadas a cabo coas que dan resposta ás peticións dos xogadores e do equipo directivo do CD Concello de Zas, CD Baio e do Sporting Zas. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 February, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.