18M_2021_Concello_de_Zas

O Concello de Zas pon en marcha a I Ruta pola Igualdade para conmemorar o Día da Muller

  • Do 8 ao 15 de marzo podes sacar unha foto nos photocall que estarán instalados en distintos lugares do noso municipio e subila ás redes sociais 
  • A publicación dun manifesto a través das distintas canles municipais e unha obra de teatro son outras das activdades incluidas no programa do 8 de marzo

 

 

Este ano celebramos o Día Internacional da Muller cun programa adaptado á situación sanitaria actual e no que I Ruta pola Igualdade será unha das actividades principais. Esta é unha actividade para participar libremente e que consiste en percorrer do 8 ao 15 de marzo os photocalls que ubicaremos en distintas localizacións do noso municipio. Unha vez que os percorras todos podes subir as fotos ás túas redes sociais etiquetándonos e cos hashtags #8MZas e #Zaspolaigualdade. Ou se o prefires tamén podes mandar as fotografías ao enderezo electrónico cim@concellodezas.org. As tres primeiras persoas que completen a ruta terá un premio sorpresa.

Estas son as localizacións con photocall: 

  • Praza do Concello
  • Carballeira de Zas
  • CPI de Zas
  • Pavillón Municipal de Zas
  • Torres do Allo
  • IES Maximino Romero de Lema
  • Pavillón Municipal de Baio
  • CEIP Labarta Pose
  • Praza do centro de Baio 
  • Ponte de Brandomil

Así que xa sabes, participa e Loita pola Igualdade!

Outras actividades

Ademáis están organizada as seguintes actividades:

  • Iluminación da Casa do Concello: O vindeiro luns, 8 marzo, a fachada da Casa do Concello de Zas tinguirase de cor morada para conmemorar o Día Internacional da Muller e darlle así visibilidade á Loita pola igualdaade entre homes e mulleres
  • Obra de teatro “Invisibles”: A compañía Redrum Teatro traénos o sábado 12 de marzo ao Auditorio do Concello a súa obra de teatro “Invisibles” na que narra casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. A función, dirixida ao público adulto, comeza ás 20:00 horas e para asistir é necesario reservar entrada no 981 751 398
  • OitoM. Moito por cambiar. A Deputación da Coruña organiza un foro e tres conversas en liña nas que se reflexionará sobre os retos relacionados coa posición da muller no mercado laboral así como as intersecións da Covid19 coas violencias machistas e os efectos específicos nos corpos e na saúde das mulleres. Para participar é precisa inscrición previa a través do formulario i.gal/oitoM

Este é un programa organizado polo Concello de Zas a través da Concellería Muller, Xuventude e Igualdade e do Centro de Información á Muller – CIM – e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña e do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

 

Comunicado do CIM de Zas

Ao final desta nova, podes ler o comunicado do Centro de Información á Muller – CIM – de Zas con motivo do 8 de marzo.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.