Nadal Comercio

O Concello de Zas impulsa unha nova campaña para apoiar ao comercio local na que se repatirán 2.000 euros en premios

Será do 15 de decembro ao 5 de xaneiro e participarán máis de 70 establecementos comerciais de Baio

 

“Este Nadal merca en Baio” é o nome da campaña comercial que se pon en marcha este venres, 15 de decembro, e que se prolongará ata o 5 de xaneiro. A iniciativa, que está impulsada polo Concello de Zas logo da reunión mantida co sector comercial e hostaleiro da vila, ten como obxectivo apoiar o comercio local.

“O comercio local ten un papel moi importante na economía do noso concello polo que é importante apoialo e impulsar novas campañas que axuden a dinamizalo e a animar á veciñanza a que merque durante todo o ano e en datas sinaladas como o Nadal nos pequenos comercios”; sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño.

Na campaña repartiranse 2.000 euros en premios entre todas as compras que se realicen nos máis de 70 establecementos participantes entre o 15 de decembro e o 5 de xaneiro. Con cada compra entregarase unha tarxeta que haberá que depositar nas urnas colocadas en cada comercio. En total sortearanse 10 vales de 200€ cada un.

Activades paralelas

Ademais dos premios en metálicos, haberá diferentes actividades paralelas que están incluídas na programación de Nadal do Concello de Zas. 

O día 23, a partir das 17:00 horas, recibiremos a visita de Papá Noel na Praza Jorge Mira e virá acompañado de Cé Orquesta Pantasma. E este ano como novidade, faremos unha festa de Pre Fin de Ano, tamén na Praza Jorge Mira, na que haberá moita música e soarán as badaladas. Primeiro haberá unha sesión infantil que comezará ás 17:00 horas e na que actuará Pakolas e logo, a partir das 22:30 horas, Los Jinetes del Trópico ofreceránnos un concerto e remataremos coas baladas. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 April, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 March, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
25 March, 2026
O Concello de Zas será escenario este venres, 27 de marzo, da proxección do documental ‘A Costa e os castelos’, unha peza audiovis...
24 March, 2026
O Concello de Zas acollerá este martes, 24 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural de Baio, o acto de clausura e entrega...
20 March, 2026
O Concello de Zas pon en marcha unha nova edición dos seus campamentos de Semana Santa, unha iniciativa pensada para facilitar a c...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.