presentacion-VIII-Trail-Filloa

O Concello de Zas e a AD Monte Brondo preparan o VIII Trail da Filloa que se disputará o 2 de febreiro

Un Mini Trail de 13 km é a novidade desta edición na que haberá un total de cinco probas non competitivas O Salón de Plenos do Concello acolleu esta tarde a presentación deste evento que en palabras do Alcalde, Manuel Muíño, ten o seu propio oco dentro do calendario deportivo da comarca

O Concello de Zas e a Asociación Deportiva Monte Brondo xa están a preparar a VIII edición do Trail da Filloa que se celebrará o 2 de febreiro de 2025.

Haberá cinco probas non competitivas que se disputarán en boa parte por camiños e pistas non asfaltadas do noso municipio. Ao igual que nas pasadas edicións “as subidas ao Monte Brondo e ao Pico de Meda serán as partes máis duras e máis técnicas do percorrido”, sinalou David Fernández, da AD Monte Brondo, durante a presentación do evento que tivo lugar esta tarde no Salón de Plenos do Concello de Zas.

Todas as saídas realizaranse dende a Praza do Concello de Zas e a meta estará situada no pavillón municipal de Zas onde os participantes poderán degustar as tradicionais filloas á pedra recén feitas. As inscricións abriranse ás 20:00 horas do vindeiro 29 de novembro e poderanse realizar a través da páxina web www.empa-t.com. Ao igual que nas últimas edicións, o importe recadado destinarase á Beca da Filloa; unha axuda económica para os estudos que se destinará a un/unha estudante empadroado/a no Concello de Zas que seleccionará o departamento de Servizos Sociais municipal de forma confidencial.

Nesta edición, como novidade, haberá un “Mini Trail” de 13 quilómetros de distancia que se suma as demáis probas: trail longo (28k), trail curto (18k), andaina longa (20k) e andaina curta (12k). Todas as probas discorren por carballeiras, ribeiras do río, soutos,… con zonas de cordas que tanto gustan aos participantes e tramos novos. Haberá varios habituallamentos e servizo de duchas e de gardería gratuítos para todas as persoas participantes.

Presentación

O VIII Trail da Filloa presentouse esta tarde no Salón de Plenos do Concello de Zas nun acto no que participaron o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e David Fernández, da AD Monte Brondo. O rexedor animou á xente a que se apunte neste evento xa que se pode participar correndo ou camiñando. “Este é un evento que ten o seu propio oco dentro do calendario deportivo da comarca e que gusta moito a todos os participantes tanto polos diferentes atractivos do seu percorrido como pola degustación dun dos nosos pratos típicos; as filloas á pedra”, destacou o rexedor. Durante a súa intervención, Manuel Muíño recordou que o equipo de Goberno Municipal aposta polo deporte. “Estes son eventos que ademáis de promover o deporte estimulan a economía local xa que na última edición participaron unhas 1.000 persoas de diferentes puntos que quedan a comer e a durmir na zona”, destacou.

Pola súa banda, David Fernandez detallou os aspectos máis técnicos do VIII e agradeceu a colaboración dos máis de 70 voluntarios e voluntarias así como membros de Protección Civil e da Policía Local que fan posible a celebración deste evento que ano tras ano suma máis participantes. 

 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.