libros_para_sermos_libres

O Concello de Zas celebra o Día do Libro regalando exemplares

A solta de libros será o próximo luns, 23 de abril, no Centro Sociocultural de Zas entre as 10:00 e as 14:00 horas

 

O próximo luns 23 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, o Centro Sociocultural de Zas participará, cunto con outras 30 bibliotecas da provincia, na campaña “Libros para sermos libres” organizada pola Deputación da Coruña.

A solta de libros será entre as 10:00 e as 14:00 horas e cada un dos veciños e veciñas que se acheguen ao Centro Sociocultural de Zas entregaráselle de forma gratuita un exemplar.  Entre os libros atópanse obras de poesía, ensaio, teatro, fotografía, investigación, pintura, banda deseñada ou literatura infantil. Así, moitos deles resultaron premiados nos diferentes certames que organiza a Deputación da Coruña. No conxunto de volumes que se distribuirán nesta campaña tamén se atopan algunhas das últimas novidades editadas pola institución.

¡Vén polo teu exemplar!

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 February, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 February, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.