1Camino_forestal_Vilaestevez

O Concello de Zas acondiciona máis de 4.400 metros de camiños forestais

Os traballos consistiron principalmente na apertura e limpeza de cunetas e na mellora do firme

 

O Concello de Zas vén de rematar a mellora e a apertura de máis de 4.400 metros de camiños forestais. As obras, executadas pola empresa Construcciones Damaso Ferreiro e Hijos, S.L., leváronse a cabo en camiños pertencentes á parroquia de Gándara que soportan un alto tráfico de vehículos agrícolas e que requirían unha actuación que garantise a mobilidade e a seguridade circulatoria. Os traballos realizáronse en función das necesidades de cada camiño e, en termos xerais, consistiron na limpeza e apertura de cunetas e na pavimentación con zahorra.

As obras realizáronse en:

  • Pista de Budián (norte) – Cotón de Ponteouteiros, 998 metros
  • Pista de Budián – Cotón de Atrás, 139 metros
  •  Pista de Budián (sur) – Cuns, 816 metros
  • Pista de Budián – Parga, 886 metros
  • Pista Quintáns de Gándara (Cedreiro) 1, 594 metros
  • Pista Quintáns de Gándara (Cedreiro) 2, 294 metros
  • Pista Vilaestévez – Pico de Meda, 701 metros

Sumando un total de  4.428 metros.

Os traballos completados na parroquia de Gándara forman parte do plan de mellora dos camiños rurais posto en marcha polo Concello de Zas e no cal se investiron máis de 88.000 euros. As melloras afectaron principalmente a diferentes camiños forestais das parroquias de Gándara, Carreira, Mira, Baio, Lamas, Zas e Santasía de Roma. Deste xeito, nos últimos meses repararáronse xa máis de 11.000 metros de pistas forestais en todo o municipio.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 May, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 May, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
7 May, 2026
As Torres do Allo, dentro da programación cultural do Concello de Zas, organizan o vindeiro 16 de maio unha xornada especial con m...
3 May, 2026
O Concello de Zas, en colaboración coa Asociación BaiOn, organiza a Feira das Letras, que se celebrará do venres 8 ao domingo 10 d...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.