bolsas-estudo-2022-2023

O Concello de Zas abre o prazo para que as familias do noso municipio soliciten as becas de estudos ás que se destinan 29.100 euros

O prazo de solicitude está aberto dende hoxe ata o 2 de novembro, ambos incluídos O importe das axudas oscila entre 120 e 360 euros en función dos estudos que se realicen

 

Dende hoxe e ata o vindeiro 2 de novembro, ambos días incluídos, está aberto o prazo de solicitude das axudas incluídas nas Bolsas de Estudos 2022-2023 convocadas polo Concello de Zas e que teñen como finalidade a integración socio-laboral das familias con menos recursos do noso municipio. Esta é unha iniciativa posta en marcha polo Goberno Municipal de Zas dende hai xa doce anos. 

O Concello de Zas destinará 29.100€ procedentes do seu remanente para estas axudas. As bolsas adxudicaranse en función dunha serie de baremos; tales como a situación económica-familiar, o número de membros que integran a unidade familiar e os méritos académicos do alumno/a. O crédito repartirase en 180 bolsas e o importe das mesmas pode ir dende os 120€ ata os 360€ en función dos estudos que se realicen.  As axudas que concede o Concello de Zas son compatibles con outras liñas de axudas polo mesmo concepto.

Un dos requisitos indispensables para acceder a estas axudas para os estudos é que a unidade familiar deberá estar empadroada no Concello de Zas e que as persoas beneficiarias deberán estar matriculadas en calquera dos seguintes cursos:  

  • Ensinanza primaria
  • ESO, FP Básica, Bacharelato e ciclos formativos (medios e superiores)
  • Estudos universitarios (agás másters e estudos de posgrao)

Presentación de solicitudes

As solicitudes poderán presentarse dende hoxe e ata o vindeiro 2 de novembro e tramitaranse preferiblemente a través da Sede Electrónica do Concello de Zas (https://sede.concellodezas.org). No caso de non poder facelo por esta vía é necesario acudir ao Concello de Zas pedindo cita previa no número de teléfono 981 70 83 03.  

Na seguinte ligazón poden consultarse as bases completas da convocatoria: https://sede.concellodezas.org/opencms/es/informacion/tablon/2022/ANUNCIO_PROG_20221018083014275.html

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 August, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 August, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 August, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 August, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 July, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.