Senda_Inclusiva___Zas

O Concello de Zas abre a súa primeira senda inclusiva

O novo camiño estrease este sábado por onde discorrerá a 5ª etapa do Camiño SenLímites 2018 organizado pola Federación Provincial de Anpas da Coruña-Costa da Morte

O camiño forestal que discorre pola localidade de A Braña (en Baio Pequeno) ata o seu límite con O Mosquetín (Vimianzo) é xa unha senda inclusiva despois dos traballos de mellora que vén de levar a cabo nel o Concello de Zas e que o converten no noso primeiro roteiro adaptado. Nos traballos realizados nos últimos días elimináronse as barreiras físicas e acondicionouse o chan co fin de facelo transitable para todos e todas.

“A disposición e a rapidez en acondicionar este treito para facelo inclusivo son dous aspectos clave desta nova iniciativa coa que fomentamos o ocio e o deporte para todos e todas nun  contorno privilexiado como é a marxe do río Grande”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

O novo camiño estrearase mañá sábado pola tarde xa que por el discorrerá unha parte da 5ª etapa do Camiño SenLímites 2018 Roteiro Río Porto organizado pola Federación Provincial de Anpas da Coruña – Costa da Morte. Os participantes sairán ás 15:30 horas de Pedra Vixía en dirección aos Batáns do Mosquetín. Evaristo Dominguez Rial será o encargado de guiar o roteiro quen aproveitará para explicar os aspectos máis destacables dos lugares a visitar, tales como as Torres do Allo. Os organizadores veñen de agradecer publicamente a través do seu perfil de Facebook tanto a realización do traballo como a inmediatez en facelo.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.