reparto-calendarios2025-1

O calendario do Concello de Zas para o 2025 está adicado a Enrique Labarta Pose

Xa se está a repartir o calendario do Concello de Zas para o ano 2025 que nesta ocasión está adicado a Enrique Labarta Pose.

“Cada ano o calendario municipal ten unha temática diferente e no do 2025 quixemos que o protagonista fose Enrique Labarta Pose xa que o 13 maio cúmprese o centenario da súa morte”; destaca o Alcalde, Manuel Muíño. Dende o Departamento de Cultura do Concello deseñouse un almanaque de 13 follas adicado ao polifacético escritor co fin de continuar coa posta en valor da súa figura.

En cada un dos meses do ano poden lerse estrofas de diferentes poemas cuxa temática está relacionada cunha efeméride dese mesmo mes. Por exemplo, en marzo – coincidindo co Día da Muller – recóllense algunhas das estrofas do poema “Defensa das Mulleres” no que Labarta defende a igualdade e a capacidade das mulleres. En novembro, mes do 25N, poden lerse outras estrofas deste mesmo poema no que denuncia, xa na súa época, a violencia contra as mulleres. Eventos como O Carme do Briño, en Borneiro-Cabana de Bergantiños, a Festa da Patroa de Tabeirón, en Baio, ou a feira de Verdillo, en Carballo, tamén teñen o seu protagonismo xa que foron eventos aos que Labarta lles adicou algún poema.

Maio é un mes especial dentro deste calendario, xa que coincide coa data do seu pasamento precisamente días antes da celebración do Día das Letras Galegas. Escolléronse algunhas estrofas do poema “Que me enterren aló” no que o autor pide que o enterren no seu pobo (Baio); un desexo que non se puido cumprir pese aos esforzos do Concello de Zas.

E así no restos dos meses onde as estrofas se combinan con coidadas ilustracións que fan referencia ao poema, conxugando texto e imaxe para crear no seu conxunto un calendario moi visual e ameno. 

“Este calendario é froito dun minucioso traballo realizado ppola Concellería de Cultura a través da Técnica de Xestión Cultural do Concello de Zas co asesoramento dos membros da Comisión Enrique Labarta Pose. E tamén cabe agradecer ao equipo de traballadores e traballadoras municipais que estes días está levando a cabo o reparto do almanaque nos case cen núcleos de poboación do noso municipio”; sinala o rexedor, Manuel Muíño. 

Reparto

Nos vindeiros días o almanaque estará en todas as vivendas do noso municipio, e para iso un equipo de traballadores e traballadoras municipais está percorrendo estes días o noso municipio para deixar un exemplar en cada fogar.. 

Agardámos que vos guste e aproveitamos para desexarvos un próspero 2025!

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.