Concello_zas_non_o_peche_abanca

O Alcalde de Zas reclama por carta ao Presidente de Abanca que revoque a decisión dos peches de oficinas no rural

Na misiva, entregada o pasado 3 de setembro a un directivo da entidade e da que aínda non obtivo resposta, Manuel Muíño informa a Escotet das consecuencias que supón este peche para unhas vilas  como Zas, Baíñas ou A Baña 
 

 

“Unha oficina como a de ABANCA nunha vila pequena, na nosa capital municipal, non é só unha actividade comercial máis. É unha peza moi importante dentro da economía local, achega moitos máis servizos engadidos que a propia actividade comercial”. Así comeza o Alcalde de Zas a exposición das consecuencias que supoñen o peche das oficinas bancarias no rural na carta enviada ao Presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, co obxectivo de que revoque a súa decisición e poñerlle fin ao proceso de concentración bancaria que ten en marca a súa empresa. 

A misiva enviouse o pasado 3 de setembro, uns días antes de que ABANCA pechase as oficinas de Zas, Baíñas (Concello de Vimianzo) e A Baña, e da cal aínda non se obtivo resposta. “Pasaron xa 15 días dende que lle entreguei a carta a un directivo da súa entidade. Entendo que é tempo suficiente para que a recibise e para que tivera a ocasión de revocar a súa decisión de pechar máis oficinas no rural. Quixen darlle un marxe de tempo antes de facela pública”, sinala Muíño. 

Na carta Manuel Muíño fala do tipo de clientes destas oficinas que normalmente son persoas de idade avanzada que demandan unha atención física e persoal. Tal e como expón Muíño, esta deicisión obrígaos a desprazarse a outras vilas e en moitos casos a pagar un medio de transporte. Por outra parte, tal e como expón o Alcalde de Zas na carta estes peches teñen graves consecuencias para a economía local xa que a clientela aproveita o desprazamento a outros lugares para realizar as súas compras diarias en lugar de facelas na propia vila. 

Manuel Muíño tamén fala da emigración, un tema que coñece Escotet xa que é fillo de emigrantes e el mesmo tamén o foi, e expón que a perda de servizos no rural e do motor económico que supón a oficina de ABANCA condenará, a curto prazo, a moitos mozos e mozas a emigrar. O rexedor de Zas tamén fai referencia na carta á traxectoria profesional de Escotet e salienta que é “dos emprendedores que sempre intentou e intenta xerar riqueza e compartir pase desta coa propia sociedade”. Despois de que pasara o tempo suficiente para que o empresario recibise a carta, o rexedor opina que “á vista dos feitos está claro que me equivoquei e o único que busca é un beneficio rápido e a calquera prezo”. 

Para rematar, o Alcalde de Zas sinala que todos os motivos sinalados son extensivos ás oficinas de ABANCA de Baíñas e de A Baña que, ao igual que a de Zas, pecharon o pasado 8 de setembro dentro dun plan de concentración bancaria marcado emprendido pola entidade hai uns meses e que afecta a toda Galiza. 

 

NOTA:

Ao final desta nova podes ler a carta completa

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 September, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 September, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.