Maio mes das letras 2021

Ponse en marcha o programa “Maio, mes das letras” con varias propostas culturais para os máis novos da casa

Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado á escritora, poeta e traductora Xela Arias, o Concello de Zas – a través da Concellería de Cultura e das Bibliotecas Municipais – vén de poñer en marcha o programa “Maio, mes das letras”. As actividades, dixiridas principalmente aos máis novos da casa, esténdense ao longo de todo o mes e levaranse a cabo en diferentes ubicacións.

Unha das actividades que marca o inicio desta programación é o XII Concurso de Marcapáxinas co que nos sumamos aos actos de homenaxe a Xela Arias. Neste certame poderán participar as alumnas e alumnos dos centros escolares do Concello de Zas sendo o Día das Letras Galegas o tema obrigatorio. Haberá tres categorías: ata os 5 anos; de 1º a 5º de Primaria e de 6º de Primaria a 4º da E.S.O. Outorgaranse dous premios por categoría dotados cun lote de libros cada un e terase en conta a calidade dos deseños, a imaxinación e a orixinalidade. Os traballos poden enviarse ata día o 19 de maio. Os marcapáxinas premiados utilizaranse tanto na Biblioteca Pública Municipal de Zas e coma na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste até o Día das Letras do ano 2022.  As bases completas poden consultarse na páxina web do Concello de Zas.

Estas son as demáis actividades do programa “Maio, mes das letras”:

  • 4 de maio: Contacontos e obradoiro de ilustración “Xela Arias, liberdade, solidariedade e amor pola lingua” con Polo Correo do Vento. Centro Sociocultural de Baio. 18:00 horas
  • 11 de maio: Trinke Trinke Teatro tráenos ao Centro Sociocultural de Zas (18:00 horas) un contacontos teatral que leva por título “Festa da poesía das catro estacións”
  • 13 de maio: O Centro Sociocultural de Baio acolle ás 18:00 horas o contacontos infantil “Senlleiras”, de Pedro Brandariz
  • 18 de maio: De novo recibimos a visita de Trinke Trinke Teatro e desta vez será ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de Baio co seu contacontos “Festa da poesía das catro estacións”
  • 20 de maio: Pedro Brandariz volve ao Centro Sociocultural de Zas (18:00 horas) co seu espectáculo infantil “Senlleiras”
  • 21 de maio: Candido Pazó representará “Memorias dun neno labrego” no Centro Sociocultural de Baio. Esta é unha función dirixida ao alumnado do IES Maximino Romero que terá lugar ás 12:30 horas
  • 25 de maio: Polo Correo do Vento volve ao Centro Sociocultural de Zas (ás 18:00 horas) co seu espectáculo “Xela Arias, liberdade, solidariedade e amor pola lingua”

Reservas

Coma sempre, todas as actividades son de balde e o aforo está limitado polo que para asistir é necesario facer unha reserva previa no número de teléfono 981 751 398 (de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas).

E lembra que o uso da máscara é obrigatorio en todos os espectáculos!

Descargas

Bases XII Concurso de Marcapáxinas

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 May, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 May, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
7 May, 2026
As Torres do Allo, dentro da programación cultural do Concello de Zas, organizan o vindeiro 16 de maio unha xornada especial con m...
3 May, 2026
O Concello de Zas, en colaboración coa Asociación BaiOn, organiza a Feira das Letras, que se celebrará do venres 8 ao domingo 10 d...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.