V_Universidade-Senior-concello-Zas

Listaxe de admitidos/as na 5ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte da Universidade da Coruña

Un total de 55 alumnos e alumnas maiores de 50 anos, procedentes de sete concellos das comarcas que fan parte da Costa da Morte participarán entre febreiro e marzo na 5ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte (2023) que se inaugurará o próximo mércores, 22 de febreiro, ás 16:30 horas, no Centro Sociocultural de Baio coa presenza da Directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, e de Alcalde do Concello de Zas e presidente do GDR “Costa da Morte”, Manuel Muíño Espasandín.

De seguido, ese mesmo día, ás 17 horas, comezará a actividade académica coa primeira das sesións correspondente ao Módulo I, a cargo do profesor Alberto Sucasas Peón, baixo o título “Unha filosofía da amistade: Michel de Montaigne”.

Universidade Sénior de Coruña pon en marcha o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, coa financiación da Xunta de Galicia e en colaboración co GDR “Costa da Morte” e co Concello de Zas, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores das comarcas de Costa da Morte, que se desenvolverá nos meses de febreiro e marzo, no Centro Sociocultural de Baio.

Na seguinte ligazón podes consultar a listaxe de admitidos/as para esta 5ª edición do programa: https://universidadesenior.files.wordpress.com/2023/02/costa-da-morte-2023-listado-admitidos-as.pdf

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 February, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 February, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.