Entrega_de_premios_IV_Mostra_de_Teatro_Afeccionado_Labarta_Pose

“Insania”, “Chicago” e “2010” triunfan na IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Onte pola tarde tivo lugar a entrega de premios deste certame que se realizou ao remate da clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil

Sempre presumimos de que Zas é un referente do teatro afeccionado e onte pola tarde volveuse a demostrar unha vez máis. Foron moitos os veciños e veciñas os que se achegaron ata o Auditorio de Baio para desfrutar desta arte escénica a través de dúas citas que xa están marcadas no noso calendario. A primeira delas foi a clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil, dirixida por Marco Álvarez e Pablo Soto, e na que os nenos e nenas interpretaron cinco obras de teatro nas que a comedia estivo moi presente.

Logo foi o momento de coñecer aos premiados da IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose que, aínda que se fixo esperar, estivo cargada de emocións. Os membros do xurado coincidiron en sinalar que non o tiveron nada fácil nesta cuarta edición da Mostra de Teatro Afeccionado organizada polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura. Primeiro tiveron a gran labor de seleccionar 5 obras das 43 que se presentaron ao certame. E unha vez que se interpretaron as 5 obras de finalistas tiveron que establecer os premios, que ascendían a 3.500 euros xunto cun diploma e un trofeo realizado polos usuarios e usuarias de Aspaber. A relación de premiados quedou da seguinte maneira:  

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma): “Insania”, da Agrupación Teatral Mariñán
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado (800€, trofeo e diploma): “Chicago”, do Grupo de Teatro Ultreia
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma): “O Xogo de Versalles”, de Gargallada Teatro
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado (500€, trofeo e diploma): “2010”, de Sen Cancelas Teatro
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado (400€, trofeo e diploma): “Bolboretas, a vinganza”, de Pinchacarneiro Teatro
  • Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma): “2010”, de Sen Cancelas Teatro
  • Premio ao mellor actor (trofeo e diploma): Juan J. Váquez, pola súa interpretación na obra “Insania”, da Agrupación Teatral Mariñán
  • Premio á mellor actriz (trofeo e diploma): Almudena Martínez Gálvez, pola súa interpretación na obra “Chicago”, do Grupo de Teatro Ultreia.

O xurado da IV Mostra de Teatro estivo composto por Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura en funcións; Fidel Otero Pazos, técnico do Concello de Zas; Ricardo Vigueret Gil, membro do grupo de Teatro Badius; Alberto Villar López, membro do grupo de Teatro Badius e Pablo G. Soto Videla, membro do grupo de Teatro Badius.

Unha foto da familia do teatro afeccionado pechou a IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Podedes ver máis fotos desta edición aquí: http://concellodezas.org/portal-cidadan/certame-enrique-labarta-pose/gl

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.