Fin de semana deportivo en Zas

Xa superado o ecuador do verán, o Concello de Zas ofrece nesta fin de semana dúas xornadas adicadas ao deporte e á natureza.

O sábado día 20 ás nove e media da mañá comezará a xornada do deporte de aventura para persoas adultas. Os participantes poderán realizar actividades como tirolina, escalada, ponte tibetana e liga de paintball durante todo o día. A saída realizarase desde a Praza do Concello.

Ao día seguinte celebrarase unha nova edición do Día da Bici. Despois da realización do percorrido terá lugar un xantar de convivencia onde se fará un sorteo de diferentes agasallos entre os/as participantes. A saída será tamén as dez da mañá, na Praza do Concello.

O Camiño a pé Fisterra-Muxía

Esta semana ábrese o prazo de inscrición para a realización das seguintes etapas do Camiño a pé Fisterra-Muxía. Os interesados poden anotarse ata o 29 de setembro.

O ano pasado a ruta discorreu desde o Cebreiro a Santiago (4 etapas). Continuou este verán desde Santiago a Fisterra (4 etapas) e rematará este outono coas dúas que restan de Fisterra a Muxía.

Nesta ocasión, o Camiño desenvolverase en dúas etapas de 14 e 17 quilómetros. aprox, os sábados 8 e 15 de outubro. O prezo é de 5 euros por etapa.

No link ao pé poden ampliar información.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 August, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 August, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 August, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 August, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 July, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.