Diververán trátase dun espazo de lecer no que nos nenos e nenas poderán desenvolver vínculos de amizade, aprendendo a gozar do seu tempo libre de verán dun xeito lúdico e educativo, por medio de obradoiros, xogos, experimentos, cociña, circo e pompas de xabón xigantes entre outras propostas.
Destinatarios/as: nenos/as de 5 a 12 anos.
Lugares e datas onde se realizan:
– Zas o 5,6,7 e 8 de xullo(Centro Sociocultural)
– Pudenza os días 9 e 10 (casa da escola)
– Baio os días 12, 13, 14 e 15 (Polideportivo)
– Langueirón os días 16 e 17 de xullo(casa da escola).
Horario: de 11 a 13h.
Nº de prazas: 30 en cada localidade
Con motivo da elevada aceptación destas actividades, abríronse listas de espera por se houbera algunha baixa e quedara algunha praza vacante.