Mañá sábado, 14 e o próximo 21 de agosto, son as datas nas que se realizará o curso de tiro con arco, dirixido a persoas maiores de 8 anos, no que hai inscritos uns 15 participantes.
Impartirase por monitores da Federación Galega de Tiro con Arco, no campo de fútbol de Zas ámbolos dous días.