Comezan as obras para a mellora da seguridade viaria na Ponte de Sobreira

O Alcalde de Zas e un representante veciñal mantiveron en abril un encontro coa Conselleira de Infraestructuras na que lle trasladaron a escasa seguridade na zona dende a construción da Autovía da Costa da Morte

Despois da demanda veciñal apoiada polo Concello de Zas, a Consellería de Infraestructuras e Vivenda comezará nos próximos días os traballos para a seguridade tanto de peóns como de vehículos na Ponte de Sobreira, na parroquia de Gándara, que se viu notablemente reducida dende a construción da Autovía da Costa da Morte.

Precisamente, no pasado mes de abril o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e un representante dos veciños afectados, José Andrade, mantiveron un encontro coa Conselleira de Infraestructuras e Vivenda – Ethel Vázquez – na que o Concello de Zas mostrou a súa disposición para colaborar na realización das obras co fin de garantir a seguridade da nosa veciñanza. “Alegrámonos da efectividade da demanda veciñal e máis cando son temas de gran importancia como é a seguridade viaria”, sinala Muíño.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.