O 6 de xuño ás 17:00 horas no Auditorio de Baio celebrouse a clausura das Escolas de Teatro do Concello de Zas, nas que participaron 35 nenos e nenas de 7 a 14 anos.
Ao remate das actuacións programadas os alumnos recibiron cadanseu diploma de mans do alcalde de Zas, Manuel Muíño.