campana_trampeo_vespa_velutina1

Capturadas máis de 3000 vespas velutinas en quince días grazas á colaboración dos apicultores e da veciñanza

Os expertos sinalan que probablemente se trate de raíñas fundadoras polo que se evitará a formación doutros tantos niños
 

 

Nos últimos quince días capturaronse 3134 vespas velutinas grazas á campaña de trampeo posta en marcha polo Concello de Zas. As cifras, que reflicten a magnitude do problema, son moi superiores ás das campañas anteriores debido á colaboración da veciñanza. A campaña de trampeo contra vespa velutina arrancou no pasado mes de marzo coa colaboración de máis de 120 veciños e veciñas de todas as parroquias e dos apicultores o cal fixo que se aumentara considerablemente o número de trampas distribuídas polas 16 parroquias que forman o noso municipio.

Dende a empresa encargada do control desta campaña – Plaguiber – sinalan que todas estas capturas son, con toda a probabilidade, de raíñas fundadoras polo que se evitará a formación doutros tantos niños. 

Ademáis das trampas instaladas pola veciñanza e polos apilcutores tamén se colocaron naqueles puntos máis sensibles e onde se localizaron niños nos anos anteriores como nas beiras dos ríos ou nas zonas con árbores en flor. Todas as trampas – que se renovan cada quince días – están sinalizadas co logo do Concello de Zas e xeolocalizadas co fin de que podamos ver cales son as zonas de maior incidencia desta praga. 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, agradece a colaboración da veciñanza e dos apicultores na loita contra esta praga. Así mesmo recorda que este é o cuarto ano consecutivo que o noso municipio pon en marcha esta campaña co fin de erradicar esta especie invasora. Todas as campañas foron financiadas con fondos municipais cando – segundo sinala Manuel Muíño – “este é un problema que afecta a toda a comunidade e que debería controlarse dende a Xunta de Galicia”. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 May, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 May, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
7 May, 2026
As Torres do Allo, dentro da programación cultural do Concello de Zas, organizan o vindeiro 16 de maio unha xornada especial con m...
3 May, 2026
O Concello de Zas, en colaboración coa Asociación BaiOn, organiza a Feira das Letras, que se celebrará do venres 8 ao domingo 10 d...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.