O sábado 24 será o día grande dos VI Premios Fouciño, con actividades relacionadas coa creación audiovisual da mocidade, a presentación da curtametraxe realizada no obradoiro de documental da cooperativa A Furna, a proxección e o coloquio de ‘Jardín de Plástico’, de Daniela González, e a sesión vermú con Luama Son Sistema. Todas estas actividades, correspondentes á xornada de mañá, serán a partir das 13:00 horas no Local Fouciño.