O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e única na Costa da Morte que converterá a Praza Jorge Mira Pérez nun punto de encontro para amantes dos cans e dos animais de compañía.
O III Concurso Local Costa da Morte estará aberto á participación de calquera persoa que desexe acudir co seu can. Os animais inscritos deberán igualmente dispor de chip e cartilla veterinaria en regra. O certame popular contará con diferentes recoñecementos, entre eles os premios ao Can máis guapo e ao Can máis simpático.
As inscricións permanecerán abertas ata o propio día do evento e poderán formalizarse a través do formulario web habilitado polo Concello de Zas (https://forms.gle/jAAMdsiccFPqRvYdA), no teléfono 981 70 83 03 ou no correo culturazas@gmail.com.