Actividade de observación astronómica ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’ con Jorge Mira

Máis info sobre o evento Actividade de observación astronómica ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’ con Jorge Mira

O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na Costa da Morte. Esta actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, é unha proposta que une patrimonio arqueolóxico e divulgación científica a través dunha experiencia de observación astronómica nun dos espazos máis emblemáticos do municipio: o Dolmen da Arca da Piosa.

A actividade estará guiada polo prestixioso divulgador científico Jorge Mira e dará comezo ás 22:00 horas, con saída desde Santa Sía de Roma. Desde alí, as persoas participantes realizarán unha camiñada duns dous quilómetros, de dificultade baixa, ata chegar ao dolmen, onde se desenvolverá a sesión de observación e interpretación do ceo nocturno. Ao remate da mesma, no espazo do dolmen, haberá un espectáculo teatral e de luces.

Desde a organización recoméndase ás persoas asistentes levar roupa de abrigo, lanterna e unha manta para deitarse, co fin de gozar da observación nas mellores condicións. A participación é gratuíta, pero require inscrición previa, que poderá realizarse a través do formulario en liña ou chamando ao teléfono 981 751 398.

O que tes que saber sobre Actividade de observación astronómica ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’ con Jorge Mira

Data de inicio:

13 August, 2026 - 22:00

Data de finalización:

13 August, 2026 - 23:30

Lugar de celebración:

Santa Sía de Roma

Comparte este evento

NP ZAS O Concello de Zas convida a descubrir o ceo no Dolmen da Arca da Piosa da man de Jorge Mira
Thursday
13
August
2026

Próximos eventos no Concello de Zas

Mercado de Artesanía de San Ra...

As Torres do Allo acollerán o domingo 30 de agosto o Mercado de Artesanía de San Ramón, cunha vintena de postos de artesanía galega e unha ampla programación cultural e de lecer para todas as idades. ...
Onde?
Torres do Allo
Sunday
30
August
2026
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.