Plan_mellora_estradas_municipais_Zas

Avanzan as obras de asfaltado que se están a realizar en máis de 30 quilómetros de estradas municipais

Coa chegada do bo tempo, o Concello de Zas puxo en marcha un plan de mellora das carreteras de titularidade municipal que se estende ás 16 parroquias 
 

 

Aproveitando a chegada do bo tempo, o Concello de Zas puxo en marcha estes días o Plan de Mellora de Estradas Municipais que chegará ás 16 parroquias que forman o noso municipio.

Os traballos que están a realizar as empresas adxudicatarias consisten no asfaltado de máis de trinta quilómetros da rede viaria municipal. Trátase de estradas de diferentes anchos e lonxitudes e que, por especificacións técnicas, houbo que agardar ao bo tempo para executar as obras.

“Manter en bo estado unha rede de comunicación tan estensa é todo un reto para un municipio con menos de 5.000 habitantes. Sobre todo debido á gran cantidade de quilómetros que a forman e aos danos que provocan os sucesivos temporais que rexistramos todos os invernos”; sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín. Ante esta situación e co fin de mellorar a seguridade da veciñanza, o equipo de goberno decidiu destinar unha parte dos recursos económicos municipais a reparar as vías máis afectadas e que, polo tanto, necesitaban dunha actuación urxente. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.