obras_praza_baio

Avanzan a moi bo ritmo as obras da praza de Baio nas que o Concello de Zas inviste máis de 314.000 euros

Ocuparanse 5.000 m² en pleno centro da vila nos que se construirá unha praza, unha zona de aparcamentos e unha vía que comunica as rúas Herbais da Ponte e Bispo Romero Lema

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, visitou onte á tarde as obras de construcción da nova praza de Baio; unha vella demanda veciñal na que o Concello de Zas inviste un total de 314.988,72€. Os traballos, executados pola empresa Lires Cons, avanzan a moi bo ritmo e actualmente atópanse na fase inicial do movemento de terras.

Un dos obxectivos principais desta nova urbanización é dotar á vila dunha zona para a celebración de eventos tales como a feira mensual de Baio, feiras sectorais, festas e outras citas similares. As obras estanse a realizar ao carón do paseo fluvial; unha zona privilexiada do núcleo urbano da vila e que afecta concretamente á área urbanizable situada no sector R-B1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal – PXOM – do Concello de Zas.

O “novo campo da feira de Baio” ocupará un total de 5.181 m² nos que se construirán unha extensa praza, unha zona de aparcamentos debidamente sinalizados e unha vía que comunica as rúas Herbais da Ponte e Bispo Romero de Lema. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 September, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 September, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.