Trampeo velutinas

As 221 trampas instaladas en todo o municipio capturaron máis de 1.200 raíñas no primeiro mes da campaña de trampeo da vespa velutina

132 veciños e veciñas participan nesta campaña posta en marcha polo Concello de Zas a mediados do pasado mes de marzo

As cifras siguen sendo alarmantes e demostran que a praga da vespa velutina segue moi presente. En pouco máis dun mes, as 221 trampas distrubuidas polas 16 parroquias que forman o Concello de Zas capturaron algo máis de 1.200 raíñas evitándose así a formación doutros tantos niños de vespa velutina.

Este é o quinto ano consecutivo que o Concello de Zas pon en marcha unha campaña para loitar contra a vespa velutina.. Ao igual que nos anos anteriores, a campaña comezou a mediados do mes de marzo – momento no que as raíñas despertan do seu letargo invernal – e continuará ata o mes de maio; época na que aperecen os niños primarios. Este ano contamos coa colaboración de 132 veciños e veciñas de todas as parroquias do municipio aos que se lle entregaron as trampas e o respectivo líquido atraínte. 

A campaña de trampeo, xestionada pola empresa Plaguiber, está reforzada coa instalación doutras 80 trampas en espazos públicos e altamente sensibles a esta praga como son as zonas dos centros educativos, centros de saúde, paseos fluvais, Torres do Allo,… 

Cabe lembrar que no momento en que comecen a aparecer os primeiros niños segue a ser moi importante a colaboración veciñal. Para iso débese de comunicar o aviso para a súa retirada no número de teléfono 012 da Xunta de Galicia. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 February, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 February, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 February, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.