camino_santiago_muxia_brandomil

Aberto o prazo de inscrición para realizar o Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil en catro etapas

As saídas serán o 21 e 28 de maio e o 11 e 18 de xuño

Coa chegada da primavera e do bo tempo, o Concello de Zas pon en marcha un novo programa de sendeirismo aberto a toda a veciñanza. Nesta ocasión realizaremos en catro etapas o Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil. Estas son as etapas:

  • 21 de maio: Santiago de Compostela – Negreira (21 km)
  • 28 de maio: Negreira – Brandomil (25,4 km)
  • 11 de xuño: Brandomil – Berdoias (21,3km)
  • 18 de xuño: Berdoias – Muxía (18,4 km)

A saída é sempre ás 08:00 horas dende a praza do Concello de Zas e cada etapa ten un custo de 5€ por persoa no que se inclúe traslado en autobús, seguro, bocadillo, auga, monitores e coche escoba. 

O número de prazas é limitado polo que se recomenda anotarse o antes posible en calquera dos Centros Socioculturais Municipais (Zas: 981 751 398 / Baio: 981 718 056). As persoas que o desexen poden cubrir o formulario de inscrición que aparece ao final desta nova e entregalo en calquera dos dous lugares indicados.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.