desplegable S. Cultural Zas 2018 b

A Semana Cultural encherá Zas de animación entre o 29 de xullo e o 4 de agosto

Obradoiros, exposicións, teatro, monólogos e dúas rutas pola nosa arqueoloxía serán algún dos pratos fortes da programación que culmina coa XXXV Festa da Carballeira

 

Xa está aquí unha nova edición da Semana Cultural que o Concello de Zas organiza ao redor da Festa da Carballeira. Así, durante seis días Zas será un fervedoiro de actividades gratuítas para todos os públicos: exposicións, obradoiros, teatro, monólogos,… que culminarán coa XXXV Festa da Carballeira.

Pablo Díaz, Paco Nogueiras Marcos Pereiro, Luís Iglesia e o baiés Jorge Mira, entre outros referentes da cultura galega, traerán os seus traballos a Zas entre o 29 de xullo e o 4 de agosto. O programa completo da Semana Cultural poderáse recoller impreso nas distintas dependencias municipais ou descargalo nesta nova. A maior parte das actividades desenvolveranse no Centro Sociocultural de Zas polo que éste será un auténtico fervedoiro de actividade. As actividades que se realizarán polas mañáns estarán dirixidas principalmente aos máis novos e entre elas destacan algunhas como obradoiros de cociña, contacontos, espectáculos de humor e maxia e concertos musicais como “Tic, Tac Toc, Canta comigo” de Pablo Díaz ou “Radio Bulebule” de Paco Nogueiras.

A actividade continuará polas tardes con distintas propostas para diferentes públicos como un curso de iniciación de percusión e baile tradicional, un taller de fotografía e outro de decoración con bastidores e máis obradoiros de cociña infantís. A actividade non cesará nin polas noites, xa que todos os días a partir das 21:30 horas haberá propostas moi atractivas para o público adulto tales como “Dura Lex”, un monólogo de Volta e Dalle Teatro; “Cómo ser un armario empotrado” con Marcos Pereiro; ou “Senior”, unha obra de teatro protagonizada por Marcos Orsi e Luís Iglesia.

Pero os dous pratos fortes da Semana Cultural son dous roteiros a través dos cales os participantes terán unha oportunidade única de afondar sobre a riqueza arqueolóxica do noso municipio. A primeira delas será unha “Visita ao Patrimonio Arqueolóxico do Concello de Zas” que se realizará o martes 31 de xullo, na que se visitarán lugares como Pedra Vixía, Arca da Piosa e a Ponte de Brandomil. Ao día seguinte, 1 de agosto, o físico Jorge Mira encargarase de guiar o roteiro “Unha ollada ao firmamento” no que se realizará unha observación astronómica dende a Arca da Piosa, ou tamén coñecida como a tumba do guerreiro Brandomil. En calquera das dúas rutas combinaranse desprazamentos en autobús e pequenas camiñadas polo que para participar é necesario anotarse previamente.

 

A programación da Semana Cultural pecharase cunha dos eventos de maior identidade do noso concello: a Festa da Carballeira que nesta XXXV edición volve máis folk ca nunca cun cartel no que destacan Sés, Xabier Díaz, Astarot e grupos internacionais como Niamh Ní Charra, Fatty Farmers, Harmonica Creams ou Mànran, entre outros. As entradas para o festival xa están á venta a través da páxina web www.festadacarballeira.com. E co fin de que toda a veciñanza participe neste evento o Concello de Zas pon a disposición de cada vivenda dúas invitacións para acceder de forma gratuíta ao festival. As entradas poderán retirarse nas oficinas municipais ata o 3 de agosto.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.