Zas-formacion-competencias-dixitais

O Centro Sociocultural de Zas acolle tres cursos de competencias dixitais dixidos a mulleres desempregadas

O próximo 21 de outubro ás 12:00 horas terá lugar a presentación destas actividades

 

A UTE Muller Dixital impartirá no Concello de Zas unha formación en competencias dixitais dirixida a mulleres desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego ou que dispoñan da tarxeta de mellora de emprego. En total impartiranse tres cursos diferentes todos eles gratuítos e dunha duración de 40 horas. Todas as participantes que completen a formación recibirán unha tablet de agasallo. 

As actividades que se ofertan son:

  • Curso de Competencias Dixitais básicas (40 horas)
  • Curso de Competencias Dixitais avanzadas (40 horas)
  • Curso de iniciación ás Competencias Dixitais básicas para o emprendemento (40 horas) 

As inscricións xa están abertas e poden realizarse a través da Axencia de Emprego do Concello de Zas (981 70 83 03) ou en Muller Dixital (881 82 03 45). O prazo de inscrición remata o próximo 21 de outubro, día no que terá lugar a presentación destas actividades formativas nun acto que se celebrará ás 12:00 horas no Centro Sociocultural de Zas.

Esta é unha actividade incluída dentro do programa “Muller Rural 2022-2023” e financiado pola Unión Europea no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 September, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 September, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 September, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 September, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 September, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 August, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.