v_mostra_teatro_afecciondo_labarta_pose_zas

O xurado da V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose xa elixiu as cinco obras finalistas

As representacións serán os días 23 e 30 de abril e 7, 14 e 21 de maio

Despois do visionado das 28 obras que se presentaron e dun “lixeiro” debate, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose escolleu as cinco obras que se representarán nesta quinta edición. O certame, organizado polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura, terá lugar os días 23 e 30 de abril e 7, 14 e 21 de maio nos Auditorios de Zas e de Baio. Coma sempre a entrada é de balde e as funcións comezarán ás 21:30 horas. 

Na V Mostra de Teatro Afecciondo Labarta Pose representaranse obras de teatro para todos os gustos nas que predomina a comedia e dirixidas principalmente ao público adulto. Este é o calendario:

  • 23 abril: CASTING de Hipócrita Teatro. Auditorio de Zas
  • 30 abril: OLIMPO’S de Farandoleiras Cabaré. Auditorio de Baio
  • 7 maio: SOBRE O MAL QUE FAI O TABACO da Escola Municipal de AA. EE. da Estrada. Auditorio de Zas
  • 14 maio: UN DESASTRE DE FUNCIÓN de Gargallada Teatro. Auditorio de Baio
  • 21 maio: A DERRADEIRA CEA de Fauna 113. Auditorio de Zas

O xurado decidiu que quedaran en reserva as seguintes obras de teatro: CRIME DESORGANIZADO da Agrupación Teatral Mariñán, PORCOS DO País de Teatro do Ar e A LOLA de Avelaíña Teatro.

Premios

Nesta V Mostra de Teatro Afeccionado repartiranse 3.500 euros que se distribuirán en premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un e que outorgará o xurado e tamén haberá un premio de 200€ para a mellor obra de teatro elixida polo público.

Tamén hai data para a entrega de premios que será o domingo 29 de maio a partir das 18:00 horas no Auditorio de Baio.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 May, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 May, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 May, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 May, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...