O xoves 26 de novembro o CPI de Zas acollerá o espectáculo de narración e monicreques ‘Novos lobos’ da compañía Fantoches Baj. Será a partir das 11:30 horas. A actividade está organizada pola Deputación Provincial da Coruña, a través da Área de Igualdade, no marco do programa Circuíto en Igualdade.