O xoves, 6 de agosto, e o venres, 7 de agosto, celebrarase o obradoiro para adultos ‘Decoupage’ con Mi Mamá Troquela. Será a partir das 18:00 horas no Centro Sociocultural de Zas. A actividade forma parte da programación da Semana Cultural do Concello de Zas. Para máis información pódese chamar ao 981 751 398, onde tamén se pode realizar a inscrición obrigatoria.