PEL_deputacion_coruna_2022

A Deputación da Coruña publica as bases reguladoras das axudas PEL 2022

O prazo previsto para a presentación das solicitudes será do 11 de abril ao 11 de maio

Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de publicar as bases reguladoras das axudas PEL 2022:

  • PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
  • PEL-AUTÓNOM@S: Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas.
  • PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pemes, persoas autónomas e microempresas.
  • PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas para subvencionar o mantemento das contratacións indefinidas realizadas ao abeiro de PEL-PEMES CRECIÓN E AMPLIACIÓN 2021.

As bases das axudas PEL 2022 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 59 do 28 de marzo de 2022 ou premendo na seguinte ligazón:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=28/03/2022

O prazo previsto para a presentación de solicitudes será desde o 11 de abril ata o 11 de maio ás 14.00 horas.
As solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/
Lembrámoslle que na web do Plan de Emprego local pode consultar a información actualizada das axudas PEL 2022, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases: https://pel.gal/axudas
 
Para máis información, contactar coa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas (981 70 83 03)

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 August, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 August, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 August, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 August, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 July, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.