paseo_fluvial_baio

A entrada do paseo fluvial de Baio pola rúa Herbais da Ponte permanecerá pechada ata o sábado por mor das obras de urbanización da praza

A empresa que desenvolve os traballos ten previsto instalar estes días un tanque de tormenta

 

A entrada do paseo fluvial de Baio pola rúa Herbais da Pontepermanecerá pechada dende mañá mércores ata o sábado para facilitar o desenvolvemento das obras de urbanización da praza, que avanzan a moi bo ritmo. Os traballos non afectarán ao resto do paseo polo que se poderá transitar por el.

A empresa que está a realizar as obras, Lires Cons S.L., ten previsto instalar durante estes días un tanque de tormentas. Este depósito de gran dimensión será o encargado de almacenar as primeiras augas da choiva e depuralas para logo canalizalas para o río. Con eles evítase a contaminación do río, xa que estas augas pluviais arrastran unha gran cantidade de residuos.

O Concello de Zas inviste un total de 314.988,72€ nestas obras que dan resposta a unha vella demanda veciñal. O novo campo da feira de Baio ocupa unha superficie de 5.181 m² nos que se  está a construir unha praza, unha zona de aparcamentos debidamente sinalizados e unha vía que comunica as rúas Herbais da Ponte e Bispo Romero de Lema. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.