15844195_1412033488820499_4720975380233228242_o

NOTA IMPORTANTE

 

Con motivo do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en todo o territorio nacional, informo de que o Concello de Zas abre as súas oficinas municipais no horario habitual para aqueles casos de necesidade e/ou urxencia que afecten principalmente ás persoas máis vulnerables nestes momentos como poden ser persoas maiores ou con patoloxías crónicas que vivan soas. 

Durante o estado de alarma, suspéndense os prazos administrativos entre as diferentes administracións públicas que se reanudarán no momento en que perda vixencia o real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

A veciñanza poderá efectuar as súas consultas mediante vía telemática ou telefónica a través do enderezo electrónico correo@concellodezas.org ou no número de teléfono 981 70 83 03.

Moitas grazas pola vosa comprensión e aproveito a ocasión para mandarvos moito ánimo. Estamos nunha situación difícil e dura da que confío en que pronto sairemos co esforzo de todos e todas.  E lembrade seguir as recomendacións das autoridades para protexernos do coronavirus.

Manuel Muíño Espasandín

Alcalde de Zas

15 de marzo 2020

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 May, 2026
O Concello de Zas pechou o período de inscricións na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado histórico, rexistr...
22 April, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 April, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.