Programa_Universidade_Senior_2020

Presentación da 3ª edición do programa de Democratización do Coñecemento

Programa de formación universitaria para maiores de 50 anos organizada pola Universidade Sénior da UDC

 

O auditorio do Centro Sociocultural de Baio acolle mañá ás 13:00 horas a presentación da 3ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento “Compartir experiencias e coñecemento” ofertado pola Universidade Sénior da UDC – Universidade da Coruña -. Este programa universitario para maiores de 50 anos desenvolverase en Baio entre os meses de marzo a maio e está posto en marcha pola Universidade Sénior da UDC en colaboración do GDR Costa da Morte e co Concello de Zas. O programa consta de tres módulos impartidos por profesorado da Universidade da Coruña e ten como obxectivo revalorizar o patrimonio cultural, social e ambiental da zona, concienciar á sociedade sobre a presenza da ciencia no día a día e recoñecer o valor das disciplinas artísticas a través do coñecemento e as vivencias a través de diferentes sesións teóricas e prácticas ou saídas de campo. 

Á presentación desta terceira edición asistirán a vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga; a directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez; e o alcalde de Zas e presidente do GDR Costa da Morte, Manuel Muíño Espasandín. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.