Female food blogger using laptop and working from home

Aberto o prazo de solicitude para a mellora da competitividade dos autónomos/as

  • O DOG (Diario Oficial de Galicia) publicou as bases do Bono Autónomo con apoios de ata 3.000 euros para os profesionais deste colectivo que teñan unha antigüidade superior aos 42 meses
  • Os/as interesados poden presentar as súas instancias ata o 2 de agosto

Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 3 de xullo as bases das axudas do Bono Autónomo co que a Xunta de Galicia ofrece apoios de ata 3000 euros para a mellora da competitividade dos traballadores por conta propia. Os/as interesados/as xa poden presentar a súa solicitude ata o vindeiro 2 de agosto.

Esta axuda poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta do beneficiario.

Serán subvencionables as seguintes liñas de actuación:

Liña 1: Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos 

  • Investigación de mercado
  • Plan de márketing
  • Plan de comunicación do negocio
  • Plan estratéxico do negocio
  • Plan crecemento: constitución sociedade
  • Plan de reorientación do negocio
  • Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio
  • Plan de refinanciamento.
  • Outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade

Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos 

  • Compra de maquinaria
  • Compra de útiles e ferramentas
  • Reforma do local do negocio
  • Equipos informáticos
  • Rótulos
  • Mobiliario
  • Aplicacións informáticas e páxinas web
  • Creación logotipo do negocio

No caso de solicitar ambas liñas de axudas (as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran), atenderase en primeiro lugar a liña 1 e despois a liña 2 co límite máximo de 3.000 € de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

 

Persoas beneficiarias

Persoas autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da orde.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.