Trail_nocturno_zas_2018

Aberto o prazo de inscrición para o I Trail-Andaina Nocturno Cova do Lobo

As probas disputaranse o 18 de agosto e as inscricións xa se poden realizar a través do enderezo electrónico http://trailnocturnozas.galitiming.com/

 

Os montes de Zas acollerán o próximo sábado 18 de agosto o I Trail Nocturno Cova do Lobo; unha proba deportiva non competitiva na que os participantes poderán desfrutar dunhas espectaculares vistas nocturnas despois de coroar montes como o Pión e o Montebrondo. Ésta é unha iniciativa organizada polo Concello de Zas e a Asociación Deportiva Monte Brondo. O evento consta de tres probas diferentes abertas a toda a veciñanza: un trail, unha andaina e un peketrail.

O trail constará duns 14,5 quilómetros de percorrido por distintos sendeiros do municipio de Zas. A saída será ás 21:30 horas da praza do Concello de Zas e o custo de participación é de 12 euros para os que se anoten antes do 10 de agosto ás 23:59 horas e logo pasará a costar 14€. A proba está limitada a 200 participantes.

Na andaina nocturna, duns 10 quilómetros, poderán participar toda a veciñanza que o desexe e a inscrición ten un custe de 8 euros (ata o 10 de agosto ás 23:59 horas) e de 10 euros a partir dese día. A saída será ás 21:40 horas dende a praza do Concello de Zas. Na probra poderán participar un máximo de 150 persoas.

No caso do peketrail haberá dúas categorías; A (de 5 a 10 anos) e B (de 11 a 15 anos). A inscrición nesta proba é gratuíta e os corredores deberán entregar unha autorización firmada polos pais/titores. En ambos casos o percorrido é de 1,5 quilómetros e a saída será ás 20:00 horas (para a categoría A) e ás 20:30 horas (categoría B) dende a Carballeira de Zas.

Os/as interesados en participar poden anotarse a través da plataforma Galitiming no seguinte enderezo: http://trailnocturnozas.galitiming.com/; así como consultar o reglamento na seguinte dirección: https://www.avaibooksports.com/inscripcion/reglamento.php?id=7238. Todos os participantes contarán con seguro de accidentes durante a proba. A inscripción dá dereito a participar na proba, seguros, avituallamentos, gardarroupa, duchas, obsequios e cea.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.