Estacion_ITV_OAllo_Zas

A estación da ITV de O Allo inspeccionou máis de 257.000 vehículos desde a súa apertura

  • O cadro de persoal incrementouse desde os 4 traballadores iniciais aos 14 actuais
  • Os datos poñen de manifesto a importancia do servizo para o Concello de Zas e para toda a Costa da Morte, como sempre defendeu o goberno de Manuel Muíño

 

Dende a súa posta en funcionamento, o 5 de xullo de 2012, a estación da ITV instalada no polígono de O Allo non parou de medrar tanto en número de revisións de vehículos como na creación de postos de traballo. Durante estes escasos sete anos de funcionamento leváronse a cabo 257.000 inspeccións e o número de traballadores incrementouse nun 250%, xa que pasou de 4 a 14.

A instalación deste servizo nun dos puntos estratéxicos do noso concello foi unha demanda social, empresarial e política, e un dos grandes retos conseguidos polo equipo de goberno de Manuel Muíño Espasandín. O alcalde apunta que os datos poñen de manifesto a importancia do servizo para o municipio de Zas e para toda a Costa da Morte, como sempre defendeu o executivo local. “A ITV foi un dos investimentos máis importantes da historia do noso concello, pero, máis alá do desembolso económico, a importancia do servizo radica en que creou postos de traballos directos e indirectos e evita o trastorno que lle supoñía á veciñanza desprazarse até Arteixo ou Santiago de Compostela para realizar un trámite tan importante para a seguridade viaria como é a inspección técnica dos seus vehículos”.

 

11.700 revisións no que vai de 2018

Ano a ano, o número de inspeccións na ITV de O Allo medra de forma exponencial, como se reflicte na seguinte táboa.

 

Tipo insp/ano

2012

2013

2014

2015

2016

2017

2018 (ata o 31 de marzo)

1ª Insp.

9.293

22.940

28.051

33.728

38.562

42.886

11.311

2ª Insp.

4.065

8.155

9.845

10.446

12.314

14.809

3.948

Non Periódicas

380

889

1.030

1.100

1.257

1.355

 

336

 

 

Segundo sinalan dende SYC-ITV Applus – empresa encargada da xestión da estación – o 68,52% das inspeccións realizadas dende os inicios corresponden a turismos; case o 19% a vehículos de mercadorías lixeiras, tales como furgóns e furgonetas de menos de 3.500 quilogramos, e case o 5% das inspeccións realizáronse a vehículos agrícolas.

 

 

Postos de traballo

Como consecuencia do aumento do volume de revisións tamén se incrementaron considerablemente o número de postos de traballo directos. A estación de O Allo abriu con dúas liñas de inspección directas –unha de turismos e outra universal– e cun equipo formado por 4 persoas – 3 encargadas da realización das inspeccións e unha da área administrativa -. O horario inicial era de luns a venres, de 09:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00, o que supoñía un total de 41 horas e 25 minutos á semana. Actualmente, a estación de O Allo conta cunha plantilla formada por 14 persoas –10 encargadas da inspección en nave, 3 administrativas e 1 ordenanza que pertence a un proxecto de integración laboral de persoas con discapacidade intelectual-.

O horario actual de atención ao público é de luns a venres, de 08:00 a 21:00, e os sábados de 08:00 a 14:30 horas, o que supón un total de 71 horas e media de atención ao público á semana. Cada vez tamén se amplía máis a área de procedencia dos clientes, que chegan dende toda a comarca de Soneira e de moitos outros puntos da de Bergantiños e Xallas. Carballo, Mazaricos, Santa Comba e incluso Muros son algúns dos puntos xeográficos dende os cales se desprazan usuarios/as á estación de O Allo. A realización de inspeccións periódicas obrigatorias é un factor directamente relacionado coa redución da sinistralidade viaria. Segundo o informe Contribución de la ITV a la seguridad vial, elaborado pola Universidade Carlos III de Madrid, o labor preventivo das estacións de ITV evitan 11.000 accidentes de tráfico en todo o territorio nacional ao longo dun ano.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 February, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 February, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 February, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.