Fitur_Concello_Zas450x338px

O Concello de Zas presenta os seus recursos turísticos en Fitur

Daranse a coñecer entre os miles de asistentes programas como a Festa da Carballeira, a Ruta dos Pazos e as Torres do Allo

 

O Concello de Zas está presente, un ano máis, na Feira Internacional de Turismo – Fitur – que se celebra dende hoxe e até o domingo en Madrid.

Baixo o stand de Turismo de Galicia presentaranse co lema “Acércate a Zas” os distintos recursos turísticos do municipio tales como a Festa da Carballeira, no que se resalta o valor cultural e ambiental deste festival que este ano conmemora a súa 35ª edición. A Ruta dos Pazos é outro dos programas estrela que presenta o Concello de Zas nesta edición de Fitur. Este roteiro convida a facer unha viaxe no tempo contemplando as distintas paisaxes fidalgas que deixan os pazos máis sobranceiros ubicados nos arredores da capital municipal.

As Torres do Allo tamén teñen o seu espazo dentro de Fitur precisamente despois de consolidarse como o recurso estrela do municipio, xa que durante o 2017 bateu récord de visitantes (un total de 7.295). O Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, é o encargado da xestión de visitas e a difusión deste monumento desde o ano 2016.

Ademais, unha representación do Concello de Zas participa estes días nos distintos eventos que teñen lugar na feira como foros profesionais, conferencias e encontros con turoperadores.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.