Bases reguladoras da convocatoria por resolución da Alcaldía. EXP. Personal SEL 092017_Operarios mantemento.
Constitúe o obxecto da presente convocatoria establecer as bases que terán que rexer, no proceso selectivo, para a provisión de CATRO (4) prazas de operarios de mantemento, limpeza e vixilancia das piscinas municipais durante dous meses: xullo e agosto, e posibilidade de ampliación ata o 15 de setembro en función da climatoloxía, condicionadas a existencia de crédito orzamentario.
No prazo de tres días hábiles, a contar do seguinte do anuncio da convocatoria no BOP, os interesados en participar no proceso selectivo, dirixirán instancia a Alcaldía-Presidencia, de acordo ao modelo do ANEXO I destas bases.
Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde ditará resolución pola que se aprobará a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas que se fará pública no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal.