O Concello de Zas, xunto cos Concellos de Vimianzo e Camariñas foron adjudicatarios dunha subvención de Obradoiro de Emprego por parte da Xunta de Galicia.
As especialidades que se van a impartir son dúas:
? Interpretación e educación ambiental
? Confección e publicación de páxinas webs.
As prazas para os alumnos participantes son 22 en total para os tres concellos.
Á espera de resposta por parte da Xunta de Galica e de máis indicacións sobre os requisitos que teñen que cumprir os participantes, recomendamos ás persoas interesadas do Concello de Zas, que vaian a Oficina de Emprego de Carballo a apuntarse como demandantes de Obradoiros de Emprego.