A obra “Pingueiras e Tarteiras” da Compañía Teatro do Andamio puxo este mércores 19 o punto e final ao programa “Maio, mes das Letras” organizado polo Concello de Zas.
Un divertido e atento público do CEIP Labarta Pose asistiu á representación no Auditorio de Baio.
Na Galería de imaxes podedes ver algúns dos momentos do espectáculo, así como dos diversos actos que se levaron a cabo para conmemorar as Letras Galegas.