presentacion-paxina-web-enrique-labarta-pose-1

Presentada a web sobre Enrique Labarta Pose na que se recolle a súa vida e obra

Pódese acceder dende a dirección enriquelabartapose.concellodezas.org ou dende a propia páxina web do Concello de Zas

Enrique Labarta Pose xa ten a súa propia páxina web. Dende onte pódese acceder dende calquera parte do mundo e a calquera hora do día a toda información relativa á vida e obra dun dos veciños máis ilustres do noso municipio. “Ademais de poñer a disposición de toda a cidadanía a información relativa a Labarta, esta web supón un chanzo máis nas accións que está a levar a cabo o Concello de Zas xunto coa Comisión Labarta Pose para que Labarta teña o seu propio día das Letras Galegas”, indicou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, durante a presentación da páxina web que tivo lugar onte á tarde no Centro Sociocultural de Baio. 

Pódese acceder a ela dende a dirección https://enriquelabartapose.concellodezas.org/ ou ben a través da páxina web do Concello de Zas. Trátase dunha web cun coidado deseño, adaptable aos diferentes dispositivos, accesible e cunha estructura cómoda e intuitiva na que o/a usuario/ pode consultar información sobre a súa vida, as súas publicacións periodísticas e literarias, os seus premios, as súas pegadas, o roterio literario incluído no proxecto Roteiros da Cultural Galega do Consello da Cultura Galega e consultar a exposición itinerante sobre Labarta e que actualmente está no Centro Sociocultural de Baio. Ademais, a web dispón dunha apartado de “novas” no que están publicadas diferentes novas sobre relacionadas con Labarta e unha liña temporal. 

“É unha web viva e actualizada”, sinalou Tania Carreira, Técnica de Cultura do Concello de Zas e creadora do portal que se encargou, durante a presentación, de especificar os diferentes apartados que compoñen a páxina.

Durante o acto de presentación da web sobre Labarta interviu tamén Jorge Mira Pérez, en calidade de portavoz da Comisión Enrique Labarta Pose, quen destacou o importante traballo que se está a facer dende o Concello de Zas sobre a difusión da figura de Labarta. “Enrique Labarta Pose estivo sempre moi presente na súa vila natal e ségueo estando. Con esta web a súa vida e obra ten unha maior proxección xa que está dispoñible para todo o mundo”, destacou. Ademais adiantou que nos próximos meses intensificarase a “presión” ante a Real Academia Galega co fin de que lle dea a súa merecida homenaxe ao escritor baiés e teña o seu propio día das Letras Galegas. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 September, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 September, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 September, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 September, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 September, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 August, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.