presentacion-semana-cultural-zas-2023

Volve a Semana Cultural cargada de actividades culturais e de ocio para todos os públicos

Do 7 ao 12 de agosto teremos visitas guiadas, exposicións, proxeccións, obradoiros infantís e para adultos, música, monólogos,…

 

Do 7 ao 12 de agosto volve a Semana Cultural de Zas cun potente programa de actividades culturais que presentaron onte o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; o Tenente de Alcalde, José Brenlla; e o Director da Festa da Carballeira, Fidel Otero. A Semana Cultural, como apuntou o Manuel Muíño, concentra unha gran cantidade de actividades nos días previos á Festa da Carbelleira. Os dous son eventos de enorme relevancia para o Concello e que nos sitúan como referentes da cultura e da música folk. “O Concello fai un dobre esforzo técnico e económico que se ve recompensado coa boa acollida que teñen as dúas citas tanto entre a nosa veciñanza como entre os milleiros de persoas que veñen ano tras ano ao festival desde puntos moi diversos da nosa xeografía”. 

A Semana Cultural contempla exposicións no Centro Sociocultural de Zas, visitas guiadas ao noso patrimonio, proxeccións, música, contos e monólogos, obradoiros infantís e para adultos, a tradicional observación astronómica dende a tumba do guerreiro Brandomil guiada por Jorge Mira e, como novidade, crearase o “Mural Carballeira” da man do Colectivo Vella Escola. 

Todas as actividades son gratuítas e rematarán coa 38ª Festa da Carballeira na que durante dous días (venres e sábado) Zas volverá a ser o referente da cultura e da música folk. 

Ao longo destes días estarán en Zas Belem Tajes, Anxo Moure, o xornalista Alberto Mancebo, Marta Doviro, David Perdomo, entre outros. Todas as actividades realizaranse en horario de tarde e de noite.

Este é o cartel das actividades:

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 September, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 September, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 September, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 September, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 September, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 August, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.