taller-dereito ao coidado-Zas

O Centro Sociocultural de Zas acolle o 27 de abril un obradoiro sobre os dereitos laborais das coidadoras

Esta é unha campaña impulsada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña

 

O Centro Sociocultural de Zas acolle o vindeiro xoves, 27 de abril, o obradoiro “Feminismos, traballo e vida. Dereito ao coidado, coidados con dereito” dirixido a todas as traballadoras do ámbito dos coidados. 

O obxectivo deste taller, que se impartirá de 18:00 a 20:00 horas, é formarse sobre os dereitos laborais deste ámbito, poñendo énfase nas últimas novidades lexislativas, así como tamén fomentar a reflexión sobre os coidados, fundamentais para soster as vidas.

Esta é unha iniciativa impulsada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña á que se suma o Concello de Zas, xunto con outros municipios da provincia, e que naceu co gallo da conmemoración do día das mulleres. Os talleres enmárcanse na campaña “É por ser muller. Loitemos por unha igualdade real” que ten como finalidade sensibilizar, visibilizar e denunciar a vulneración dos dereitos da mulleres no ámbito laboral.

Inscricións

As persoas interesadas en asistir ao taller que se impartirá o 27 de abril no Centro Sociocultural de Zas deberán anotarse previamente no Centro de Información á Muller – CIM – do Concello de Zas a través do número de teléfono 981 70 83 03 (extensión: 36). 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.