presentacion_campionanto_galego_tenis_de_mesa

400 deportistas participan no Campionato Galego de Tenis de Mesa que se disputa esta fin de semana no pavillón municipal de Zas

O Presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, membros do AD Tenis de Mesa de Zas e o Alcalde presentaron esta mañá a competición nun acto que tivo lugar no Salón de Plenos

O deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, o e alcalde de Zas, Manuel Muíño, realizaron esta mañá unha visita á exposición de maquetas sobre o patrimonio galego que está instalada desde o pasado mes de abril nas Torres do Allo. Esta mostra, que reúne 15 maquetas que reproducen patrimonio moi representativo do país, permanecerá aberta ao público ata o mes de setembro. Ata mediados de xuño pode visitarse nas fins de semana e durante o período estival poderá visitarse de luns a domingo.

 

“Pensamos que esta mostra é unha forma lúdica e atractiva de dar a coñecer o noso patrimonio, e máis aínda nun marco tan acaído como son as Torres do Allo” asegurou Xosé Lois Penas tras a visita. O deputado de Patrimonio puxo en valor a oportunidade que ofrece “como percorrido por diferentes enclaves emblemáticos do noso territorio, mais tamén da nosa histororia, nomeadamente do período medieval”.

 

Pola súa banda o alcalde de Zas, Manuel Muíño indicou que “estou seguro que esta iniciativa vai sorprender a todos os visitantes que se acheguen durante estes meses ás Torres do Allo”. Ademais, quixo salientar que “aínda que todas as reproducións son de monumentos moi coñecidos, a min gustaríame sinalar que inclúe dous moi representativos do Camiño, a Catedral de Santiago e o faro de Fisterra”.

 

Na visita tamén participaron o concelleiro de Cultura de Zas, José Manuel Brenlla, e representantes da Asociación Exin Castillos, Fran Guerra e Xurxo Barcala, entidade promotora da iniciativa. Exin Castillos, fora un xoguete moi popular na década de 1980 que se baseaba na venda de pezas para construír castelos medievais. En 2015, os membros da Asociación Exin Castillos recuperaron a súa afección e dedicáronse a recrear os monumentos máis recoñecidos da cultura  cos mesmos xoguetes que usaban de cativos.

 

Os monumentos da provincia da Coruña que aparecen representados na mostra son o Faro de Fisterra, a Catedral de Santiago, o monumento aos Mártires de Carral, a Torre de Hércules, o Pazo de Meirás, a igrexa de Santa María de Cambre, o Torreón dos Andrade e as Torres do Allo. No verán incorporarase o Castelo de Moeche – que está depositado permanentemente no propio Castelo de Moeche-. Tras a visita, o deputado de Patrimonio e a Asociación Exín Castillos falaron da posibilidade de incorporar á colección maquetas do Castelo de Vimianzo e do Mosteiro de Caaveiro.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 May, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 May, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 May, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 May, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
7 May, 2026
As Torres do Allo, dentro da programación cultural do Concello de Zas, organizan o vindeiro 16 de maio unha xornada especial con m...
3 May, 2026
O Concello de Zas, en colaboración coa Asociación BaiOn, organiza a Feira das Letras, que se celebrará do venres 8 ao domingo 10 d...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.