IMG_0488

Recepción oficial a Santi Soneira despois de gañar a medalla de prata no Campionato de España de Arco Tradicional e Desnudo Aire Libre

O Alcalde de Zas fíxolle entrega dun trofeo ademais de darlle os parabéns

O Alcalde de Zas,  Manuel Muíño – xunto con demáis membros do equipo de Goberno de Zas – encabezou esta mañá a recepción oficial a Santi Soneira – da Asociación Deportiva Suagra de Baio – despois de gañar a Medalla de Prata no Campionato de España de Arco Tradicional e Desnudo Aire Libre que tivo lugar os días 26 e 27 de maio en Valencia.

Manuel Muíño trasmitiulle os seus parabéns de parte de toda a corporación e mostrou o orgullo que é para o municipio que o feito de que un  dos deportistas máis galardoados da Costa da Morte sexa oriundo do Concello de Zas. Pola súa banda, Santi Soneira agradeceulle ao Concello de Zas todas as facilidades que lle posibilita cedéndolle as instalacións para os seus adestramentos salvando así unha das maiores dificultades coas que se atopan deportes minoritarios como o do tiro con arco.

Durante o encontro, o Alcalde entregoulle un trofeo conmemorativo do Concello de Zas.

IMG
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
13 Febreiro, 2026
O Concello de Zas quere aclarar a situación actual respecto ás actuacións necesarias no CEIP Labarta Pose e no CPI de Zas, e lamen...
11 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acolleu onte, martes 10 de febreiro, a presentación da 8ª edición do Programa de Democratización do...
11 Febreiro, 2026
O Concello de Zas convoca á veciñanza a unha reunión informativa que se celebrará este venres, 13 de febreiro, ás 20:00 horas no C...
9 Febreiro, 2026
Mañá, martes 10 de febreiro, ás 17:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Baio a inauguración da 8ª edición do Programa d...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.