Vespa Velutina

O Concello de Zas pon en marcha unha campaña de trampeo para a vespa velutina

Realizarase unha charla formativa e colocaranse trampas nas zonas máis sensibles

Ante o inmobilismo e inoperancia da Xunta de Galicia na loita contra a praga da vespa velutina, o Concello de Zas pon en marcha nos próximos días unha campaña de trampeo na que se contemplan varias actuacións e coas que se pretende reducir ata nun 40% o número de niños. Segundo sinalan os expertos na materia, a mediados de marzo, xusto na entrada da primavera é a época idónea loitar contra esta praga.

A primeira das actividades desta campaña de trampeo é charla formativa que terá lugar o domingo, 11 de marzo, ás 17:00 horas no Centro Social de Zas. A sesión consistirá nunha charla formativa de hora e media de duración, aproximadamente,  dirixida tanto aos apicultores como a toda a veciñanza do municipio. Durante a charla amosaranse niños en todas as súas fases, trampas e sistemas testados que evitan a morte por velutina das colmeas. A charla está é gratuita.

José María Vázquez – xerente de Serpa – é o encargado de impartir esta charla na que se tratarán distintos puntos, tales como identificar e diferenciar a velutina, ciclos e épocas de actuación mediante trampeo, como evitar que se instalen niños ao redor das casas e das colmeas, entre outros temas.

Outra das actuacións que levará a cabo o Concello de Zas dentro desta campaña de trampeo, é a instalación de trampas naquelas zonas máis sensibles co fin de frear a praga da vespa velutina.

O Concello de Zas destina así fondos municipais para loitar contra esta praga ainda que, o equipo de goberno considera que esta loita é responsabilidade da Xunta de Galicia e non dos municipios tal e como o sinalou no último pleno onde se aprobou unha moción na que se lle esixe á administración autonómica que actúe e se responsabilice do control desta praga.

Vespa Velutina
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
13 Febreiro, 2026
O Concello de Zas quere aclarar a situación actual respecto ás actuacións necesarias no CEIP Labarta Pose e no CPI de Zas, e lamen...
11 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acolleu onte, martes 10 de febreiro, a presentación da 8ª edición do Programa de Democratización do...
11 Febreiro, 2026
O Concello de Zas convoca á veciñanza a unha reunión informativa que se celebrará este venres, 13 de febreiro, ás 20:00 horas no C...
9 Febreiro, 2026
Mañá, martes 10 de febreiro, ás 17:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Baio a inauguración da 8ª edición do Programa d...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.