campana_trampeo_ConcelloZas

O Concello de Zas instala trampas para a vespa velutina en puntos sensibles

A campaña de trampeo desta praga realizase con fondos municipais ainda sendo unha competencia da Xunta de Galicia
 

 

O Concello de Zas comezou esta semana a instalación de  trampas para a vespa velutina nos puntos máis sensibles do municipio. Trátase dunha acción que se enmarca dentro da campaña de trampeo emprendida polo goberno municipal debido “á pasividade da Xunta” no control desta praga.

Todas as trampas están numeradas e etiquetadas co logo do Concello de Zas para que sexan facilmente recoñecibles co fin de que non se retiren, rompan ou muden de lugar. Cada quince días renovaranse e colocaranse novas trampas nas zonas máis vulnerables a esta praga. 

A campaña de trampeo – posta en marcha polo Concello de Zas coa colaboración de Serpa; unha empresa especialista na extinción da vespa velutina – arrancou xa o pasado domingo cunha charla formativa na que participaron máis de 50 veciños e veciñas de todo o municipio. “A captura das vespas raíñas é fundamental para frear a propagación da praga” sinala Óscar Lema, Tenente de Alcalde de Zas. Precisamente a primavera é a época crucial para cazar as raíñas polo que a colaboración da veciñanza é fundamental na loita contra esta praga. Así, dende o Concello instan a todos os apicultores do municipio a que indiquen a localización das súas colmeas por ser éstes lugares sensibles ao ataque da velutina así como os puntos nos que aniñaron en anos anteriores.

Tanto a información como as dúbidas sobre o control desta praga poden resolverse chamando ao Concello de Zas (981 70 83 03).

O equipo de Goberno de Zas demostra así o seu compromiso para loitar contra esta praga ainda que considera que tanto o control como a sensibilización da poboación é competencia da Xunta de Galicia.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.