{"id":28895,"date":"2025-12-10T12:27:57","date_gmt":"2025-12-10T11:27:57","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?post_type=programas&#038;p=28895"},"modified":"2025-12-10T12:30:40","modified_gmt":"2025-12-10T11:30:40","slug":"ti-tes-a-chave","status":"publish","type":"programas","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/programas\/ti-tes-a-chave\/","title":{"rendered":"Ti tes a chave"},"content":{"rendered":"\n<p>Unha gran parte da metade do lixo que se produce no fogar \u00e9 materia org\u00e1nica e a s\u00faa xesti\u00f3n sup\u00f3n unh importante impacto tanto a nivel ambiental como econ\u00f3mico. Por este motivo, e tam\u00e9n coa finalidade de adaptarnos aos novos criterios de xesti\u00f3n de residuos, o Concello de Zas v\u00e9n de po\u00f1er en marcha un programa de voluntariado ambiental baixo o lema \u201cTi tes a chave\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Os fogares e os establecementos que xeren este tipo de residuos son os principais destinatarios deste programa que se por\u00e1 en marcha a comezos do 2025.<\/p>\n\n\n\n<p>Nas zonas urbanas do noso municipio instalaremos colectores marr\u00f3ns. Unha das peculariedades \u00e9 que este \u00e9 un dep\u00f3sito pechado polo que para facer uso del ser\u00e1 necesario ter unha chave que se entregar\u00e1 a todas aquelas familias que a soliciten xunto cun kit de benvida composto por un cubo de 10 litros, bolsas compostables e un folleto informativo.<\/p>\n\n\n\n<p>Para todos aqueles veci\u00f1os e veci\u00f1as que residan nunha vivenda illada e que conte cun terreo anexo de m\u00e1is de 25m2 pode solicitar un composteiro para autoxestionar os residuos org\u00e1nicos do seu fogar e crear o seu propio compost que \u00e9 un excelente abono para as prantas e cultivos.<\/p>\n\n\n\n<p>Todas aquelas familias e establecementos comerciais que desexen participar poden anotarse na Casa do Concello, trav\u00e9s do n\u00famero de tel\u00e9fono 981 70 83 03 ou ben a trav\u00e9s deste formulario (vai o enlace o final da nova). Os locais comerciais que se sumen \u00e1 iniciativa ter\u00e1n un distintivo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Sesions informativas do programa<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ao longo destes meses realizaremos diferentes sesi\u00f3ns informativas; na r\u00faa, nos centros de ensino,\u2026 e tam\u00e9n visitaremos os locais comerciais co fin de proporcionar toda a informaci\u00f3n sobre as vantaxas deste programa e resolver d\u00fabidas.<\/p>\n\n\n\n<p>A primeira sesi\u00f3n informativa tivo lugar o domingo 16 de novembro, na Praza Jorge Mira P\u00e9rez de Baio coincidindo coa celebraci\u00f3n da feira. Ata al\u00ed acheg\u00e1ronse un bo n\u00famero de familias interesadas en participar na campa\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Que \u00e9 a materia org\u00e1nica?<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A materia org\u00e1nica \u00e9 toda aquela que \u00e9 capaz de descompo\u00f1erse tales como: restos de froita, verduras, carnes ou peixe; cunchas de mariscos ou froitos secos; papel de coci\u00f1a usado; restos de pan, caf\u00e9 e infusi\u00f3ns; restos de podas e prantas; cortizas,\u2026<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-buttons is-layout-flex wp-block-buttons-is-layout-flex\">\n<div class=\"wp-block-button has-custom-width wp-block-button__width-100\"><a class=\"wp-block-button__link has-white-color has-black-background-color has-text-color has-background has-link-color wp-element-button\" href=\"https:\/\/app.compostalocal.com\/application\/form\/gl\/eyJpdiI6IkxmQi8zcHRSeEVOblQ2U1lzcFN0ZkE9PSIsInZhbHVlIjoiZnZLS1RKQWRFY2dOR0R0UU12b1Q4dz09IiwibWFjIjoiMGRmNjY5ODI1OTlhYTA3NzZiOTczZjlhOWExMGYxNzk5NDQzMTVjOTE4M2U5ZGQ3MzkxYzg0NzdmNmRiNGVjNSIsInRhZyI6IiJ9\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener nofollow\">Accede ao formulario de contacto<\/a><\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"featured_media":18564,"template":"","class_list":["post-28895","programas","type-programas","status-publish","has-post-thumbnail","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/programas\/28895","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/programas"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/programas"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18564"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28895"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}